- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
UNHA PROMOTORA PROXECTA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO DE VIVENDAS NO CENTRO DE PALAS DE REI O QUE DARÍA LUGAR A UNHA NOVA REORDENACIÓN DAS ALINEACIÓNS DO AGRO DO ROLO E DA AVENIDA DE LUGO
UNHA PROMOTORA PROXECTA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO DE VIVENDAS NO CENTRO DE PALAS DE REI O QUE DARÍA LUGAR A UNHA NOVA REORDENACIÓN DAS ALINEACIÓNS DO AGRO DO ROLO E DA AVENIDA DE LUGO
Unha promotora proxecta a contrución dun edificio de vivendas en pleno núcleo urbán de Palas de Rei. O futuro inmoble, ubicado na intersección da nacional 547 co vial que vai a Monterroso e a saída da A-54, en pleno centro neurálxico da vila palense, dará lugar a unha nova reordenación das alineacións do Agro do Rolo, como da Avenida de Lugo. Con esta nova edificación, que constará de sótano, baixo comercial e vivendas nas tres plantas altas significará, unha inversión de máis dun millón de euros en pleno casco urbano. A edificación desta nova obra, a reordenación de volumes e as alineacións tanto da rúa Agro do Rolo, como da Avenida de Lugo suporán un incremento da superficie peonil, así como, se estima que, mellorarán o tráfico de vehículos, principalmente, de cara ós accesos á carretera Palas- Friol (LU-231) e a carretera Palas- San Xorxe (LU-P-2901), así como, ao enlace de saída e entrada da A-54.
O Concello de Palas, unha vez, rematado o estudio de alineación e en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo(titular da vía) procederá a elaborar un proxecto de actuación na zona conocida como Agro do Rolo, donde se procederá a unha reordenación do tráfico e a dotación de novos servizos.