- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A XUNTA FIRMA UN CONVENIO COA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI PARA REFORZAR A AXUDA A PEREGRINOS NO TRAMO DO CAMIÑO FRANCÉS ENTRE PORTOS E A CAMPANILLA
A XUNTA FIRMA UN CONVENIO COA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI PARA REFORZAR A AXUDA A PEREGRINOS NO TRAMO DO CAMIÑO FRANCÉS ENTRE PORTOS E A CAMPANILLA
Â
A Xunta de Galicia asinou convenios de colaboración coas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil rexistradas nos concellos polos que discorre o Camiño Francés, a ruta xacobea máis transitada, para levar a cabo actuacións en materia de prevención, promoción, divulgación, información e socorro, contribuÃndo deste xeito á concienciación e información e seguridade dos peregrinos.
Â
A Xunta en Lugo mediante a Vicepresidencia e ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de renovar na provincia os convenios coas agrupacións de Palas de Rei, Monterroso, PortomarÃn e Sarria para o reforzo da seguridade, por un importe conxunto de 34.300 euros. A contÃa a percibir, por cada Concello, depende da lonxitude do tramo asignado en cada caso. AsÃ, a agrupación de Palas de Rei recibe 6.100 euros para o tramo comprendido entre Portos e A Campanilla.
Â
Os efectivos de Protección Civil traballarán en coordinación co Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ao que informarán da súa actividade. En xeral, deberán prestar atención ás posibles incidencias do Camiño no seu termo municipal e en concellos limÃtrofes, garantindo a presenza fÃsica dos voluntarios nas horas de maior afluencia de camiñantes e de acordo á súa experiencia de anos anteriores.
Igualmente, colaborarán na prevención, apoio e cobertura en grandes eventos e concentracións derivadas de actos que teñan que ver coas peregrinacións, tanto nos seus respectivos concellos como noutros termos municipais.
Entre as actuacións concretas a desenvolver figuran o traslado de peregrinos feridos ou enfermos, asistencia de primeiros auxilios cando non sexa necesaria a presenza dun facultativo, busca de persoas, obxectos extraviados ou esquecidos, protección fronte a fenómenos meteorolóxicos adversos, aplicación de medidas de prevención e de mitigación de riscos e axuda puntual na resolución dunha situación anormal.
Â