- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
D. JESÚS HORACIO GARCÍA GARCÍA XA É FILLO PREDILECTO DE PALAS DE REI
D. JESÚS HORACIO GARCÍA GARCÍA XA É FILLO PREDILECTO DE PALAS DE REI
Veciños/as de Palas de Rei, cargos políticos, e numerosas personalidades do mundo empresarial, así como, familiares e empregados encheron o Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei, na sesión plenaria, en virtude da cal, D. Jesús Horacio García García, foi distinguido co título de "Fillo Predilecto" de Palas de Rei, por unanimidade dos dos grupos políticos que conforman a corporación municipal. Un acto, donde se recordou a ampla traxectoria que foi construíndo ao longo dos anos dentro mundo empresarial e a impronta dentro do desenvolvemento económico que elo conlevou para o municipio palense, hoxe en día, coñecido tanto nacional como internacionalmente polos ovos que a diario saen da empresa que el fundou (Granjas Campoñayor), así como tamén, se loubou a súa calidade humana como persoa.