- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DIRIXIRASE NOVAMENTE A DEPUTACIÓN PARA QUE ESTA LIMPE E DESBROCE AS VÍAS DA SÚA TITULARIDADE PROVINCIAL
O CONCELLO DE PALAS DIRIXIRASE NOVAMENTE A DEPUTACIÓN PARA QUE ESTA LIMPE E DESBROCE AS VÍAS DA SÚA TITULARIDADE PROVINCIAL
O Concello de Palas de Rei dirixirase novamente a Deputación Provincial de Lugo para que efectue o desbroce e limpeza nas diferentes vías de titularidade provincial situadas no termo municipal de Palas de Rei. O alcalde, Pablo Taboada, recolle así o malestar dos veciños/as de varias parroquías palenses, sorprendidos negativamente pola falta de limpeza e desbroce da maleza das cunetas, cando xa estamos a mediados do mes de agosto. O estado da vexetación chega a tal punto, que incluso en númerosos puntos dos viais, dificulta a visibilización da sinalización e invade parte da calzada.
Pola súa parte, o Concello de Palas que segue coa execucción do Plan de Desbroces anual, última os debroces está semana das vías titularidade municipal nas parroquias de San Xorxe de Augasantas e rematará Mácara e Hérmora. Deste xeito, na vindeira semana a maquinaria e efectivos do Concello completarán as labores de desbroces nas zonas de Orosa e Pidre