- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O ACORDO ENTRE O GRUPO JIM SPORTS E O CONCELLO DE PALAS DE REI PERMITE, QUE OS/AS VECIÑOS/AS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI POIDAN ACCEDER A UN PREZO ESPECIALMENTE REDUCIDO NO USO DAS NOVAS E MORDERNAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO XIMNASIO QUE ABREN, NO POLÍG
O ACORDO ENTRE O GRUPO JIM SPORTS E O CONCELLO DE PALAS DE REI PERMITE, QUE OS/AS VECIÑOS/AS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI POIDAN ACCEDER A UN PREZO ESPECIALMENTE REDUCIDO NO USO DAS NOVAS E MORDERNAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO XIMNASIO QUE ABREN, NO POLÍGONO DE PALAS DE REI, O DÍA 19 DE AGOSTO, CUNHAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O grupo empresarial Jim Sports e o Concello de Palas de Rei pechan un acordo, en virtude do cal, se permitirá a todolos/as veciños/as de Palas de Rei acceder as novas instalacións deportivas, esto é, ximnasio e salas (aeróbic, zumba, pilates, etc). As novas instalacións do Ximnasio, contarán con máis de 1.000 metros cadrados de superficie útil para as diferentes prácticas deportivas. Logo do acordo de onte, entre Jim Sports e o Concello de Palas, o que suporá a posibilidade de que todos os veciños/as empadroados no municipio de Palas de Rei poidan acceder a estas modernas e innovadoras instalacións, dotadas dun equipamento de última xeración a un prezo especialmente reducido e ventaxoso para todas aquelas persoas que acrediten mediante certificado de empadroamento a súa residencia no termo municipal. Estas instalacións, actualmente punteiras en Galicia, supoñen unha importante mellora nos servicios deportivos na Comarca da Ulloa, con elo, culmina definitivamente o asentamento desta multinacional (Jim Sports) no municipio de Palas de Rei, elo significou, unha inversión de máis de 10 millóns de euros e a xeración de máis dun centear de postos de traballo no parque empresarial de Palas de Rei. Con esta actuación, prevista dende un principio, nos acordos entre o Concello de Palas de Rei e grupo Jim Sports de cara o asentamento empresarial deste Grupo no polígono palense, ratifican o compromiso acadado por aquel entón, cos veciños/as de Palas de Rei.
Estas instalacións deportivas do novo Ximnasio, no polígono de Palas de Rei, comenzarán o seu funcionamento cunhas xornadas de portas abertas, do día 19 de agosto ao día 15 de septembro, dirixidas aos potenciais usuarios/as, de cara a un coñecemento presencial das mesmas. Logo do día 15 de setembro, comenzará xa, o funcionamento ordinario das mesmas. Este Ximnasio, que supuxo unha inversión de máis de 600.000 euros, dará servicio aos máis de cen empregados cos que actualmente conta o Grupo Jim Sports, en Palas de Rei e a todos os veciños/as empadroados/as, por elo, é condición indispensable ter o certificado de empadroamento para o acceso ás tarifas reducidas que o Grupo Jim Sports se comprometeu a aplicar co Concello de Palas de Rei e os veciños/as deste municipio dentro da súa obra social e deportiva. As instalacións, están localizadas no parque empresarial de Palas de Rei, na nave principal de Jim Sports, onde se poderá obter a información necesaria para o acceso ás instalacións deportivas.