- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A FEIRA DO CABALO COMARCA DA ULLOA REPARTE, ESTE DOMINGO, 2.030 EUROS EN PREMIOS
A FEIRA DO CABALO COMARCA DA ULLOA REPARTE, ESTE DOMINGO, 2.030 EUROS EN PREMIOS
Un ano máis e xa van vinteoito, Vilar de Donas acolle a celebración da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, que será o vindeiro domingo dÃa 11 de agosto. Un evento consolidado no tempo, que mistura tradición, afección, deporte e competición na área do hÃpodromo de Vilar de Donas no que se xuntan exemplares equinos de diversas procedencias e razas.
O evento foi presentado polo alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada e o Presidente da Asociación A Capela de Vilar de Donas, Raúl López, colaboradora no evento.
Diferentes probas e carreiras se sucederán ao longo de toda a xornada do vindeiro domingo, na que tampouco faltará a xa tradicional carreira de burros e a proba de estampa e beleza dos animais. Un total de 2.030 euros serán repartidos en premios, ademáis dos respectivos trofeos, que se outorgaran aos gañadores das respectivas modalidades a competir, un total de nove, esto é: andadura a dous tempos, andadura a catro tempos, andadura de trotóns que todas elas se celebran pola maña; mentres que as de : proba de trote de trotóns, carreiras de pura razá inglesa, proba de velocidade de pura raza árabe, proba de velociadade de cruzados, carreira de burros, e estampa e beleza celébranse pola tarde. A última hora da tarde terá lugar a entrega de premios e trofeos.