- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE E O DELEGADO TERRITORAL DA XUNTA EN LUGO ACOMPAÑADOS DO ALCALDE DE PALAS VISITAN O OBRADOIRO XOGANDO EN VACACIÓNS
A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE E O DELEGADO TERRITORAL DA XUNTA EN LUGO ACOMPAÑADOS DO ALCALDE DE PALAS VISITAN O OBRADOIRO XOGANDO EN VACACIÓNS
A secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territoral en Lugo José Manuel Balseiro acompañados do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitaron o Obradoiro de conciliación “Xogando en vacacións” do Concello de Palas de Rei. Este obradoro consta dunha serie de actividades diversas, dende multideporte ata manualidades, entre outras, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que se desenvolven durante as vacacións.
Os participantes forman parte de 62 familias do municipio e a organización, xestión e seguimento da actividade están sendo levadas polo Centro de Información a Muller. Mediante esta acción, faise posible que as familias poidan facer fronte a época de vacacións para os máis cativos, pero laboral para os pais e nais.
Este Obradoiro, está subvencionado con fondos da Xunta de Galicia: tanto para os custos de persoal como para a compra de material. Cinco son as persoas (dous mestres, un pedagogo e dous monitores de tempo libre) encargadas da realización das actividades programadas para os nenos e nenas.