- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O DÍA DA MULLER EN PALAS DE REI
O DÍA DA MULLER EN PALAS DE REI
O Día da Muller en Palas de Rei estivo marcado pola “I marcha pola Igualdade” que partiu as 12:00h da praza do Concello para rematar na Praza da Ulloa de Palas. Unha marcha que foi secundada por veciños/as de Palas de Rei e alumnos/as dos Centros educativos da Vila, coa que se pretendía reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, así como, a repulsa a calquer acto de violencia de xénero. De cara as 12:30h tivo lugar na Casa de Cultura de Palas unha actuación teatral a cargo do Obradoiro Municipal de Teatro que puxo en escea a obra “No río das Hístorias”; un espectáculo teatral que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta imprescindible na loita contra a desigualdade de xénero, na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a paz, o respecto… Este traballo con actores e actrices desde os tres ata os vinteún anos amosa, tamén, o valor da lectura como elemento esencial na formación de persoas equilibradas emocionalmente, autónomas e libres; pon de manifesto a relevancia da empatía con aqueles que sofren para habitar na auténtica esencia do ser humano; reivindica o valor do desenvolvemento de proxectos educativos colectivos…