- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI LIQUIDA O EXERCICIO 2018 CUN SUPERAVIT ORZAMENTARIO DE 181.788,27 EUROS
O CONCELLO DE PALAS DE REI LIQUIDA O EXERCICIO 2018 CUN SUPERAVIT ORZAMENTARIO DE 181.788,27 EUROS
O pleno do Concello de Palas de Rei, aprobou na sesión ordinaria, celebrada no día de hoxe, a liquidación do orzamento municipal correspondente ó exercicio do 2018, cun resultado orzamentario axustado de 181.788,27 euros de superávit, cumprindo todos os parámetros establecidos. Dentro do desglose das contas; os dereitos recoñecidos netos foron de 3.819.548,72 euros, mentres que as obrigas recoñecidas netas foron de 3.630.644,76 euros, quedando unha remanente de tesoureria para gastos xerais de 980.081,01 euros. Nesta sesión plenaria, tamén se aprobou a modificación da ordenanza fiscal nº15 reguladora da taxa pola prestación do servicio de recollida de lixo e residuos sólidos urbáns. En virtude da resolución do 15 de xaneiro de 2019 pola que se fai público o importe do canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos que deberá aplicar a sociedade galega de medio ambiente(Sogama) para o ano 2019, así como a bonificación aplicable para o devandito ano, pola cal se establece unha bonificación sobre o canon anterior, por un importe de un 10%, para aqueles concellos que cumpran as condicións específicas establecidas no punto tres bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014. En base a elo, o pleno municipal palense aprobou a bonificación do 10% do recibo da taxa polo servicio de recollida de lixo e residuos sólidos urbáns, a tódolos contribuíntes, que se aplicará de oficio, e someter o expediente a información pública.
O portavoz do grupo popular, Fernando Pensado, calificou de “boa xestión económica a desenvolta polo Concello de Palas de Rei no cumprimento de tódolos os parámetros, o que se reflicte nun resultado positivo nas contas municipais. Elo, xunto co cumprimento das condicións especificas establecidas en materia de tratamento e reciclaxe de residuos, leva a que o Concello de Palas, poida materializar esta baixada impostos no recibo do lixo para todos os contribuíntes. A súa vez, lamentou a ausencia, unha vez maís, do grupo socialista nesta sesión plenaria, que califica dunha importante transcendecia dentro dos intereses xerais dos veciños e veciñas de Palas de Rei”.