- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI APLICARÁ UNHA BONIFICACIÓN OU REBAIXA IMPOSITIVA DO 10% A TODOS OS RECIBOS DO LIXO
O CONCELLO DE PALAS DE REI APLICARÁ UNHA BONIFICACIÓN OU REBAIXA IMPOSITIVA DO 10% A TODOS OS RECIBOS DO LIXO
O Concello de Palas de Rei aplicará, unha bonificación ou rebaixa impositiva do 10% a todos os recibos do lixo. Esta rebaixa, que afectará positivamente a tódolos veciños/as, establecementos comerciais e demáis negocios de Palas de Rei, que notarán esta rebaixa aplicada nos seus recibos. O Concello Palense, traslada así, a rebaixa que Sogama realiza a tódolos Concellos, con unha boa xestión na reciclaxe dos seus residuos. Neste sentido, o Concello Palense, que comenzou hai máis dun ano a recollida selectiva no casco urbano de Palas de Rei e a reciclaxe nas principais zonas rurais, vé así abalado o sistema de xestión implantado durante o ano 2018. Con esta mellora, o Concello de Palas, pode aplicar unha rebaixa importante na taxa de recollida (aos seus veciños/as) que xa era unha das máis baixas de Galicia e que permaneceu sin subidas durante os últimos anos. Palas de Rei, que foi un concello pioneiro no sistema de compostaxe de residuos orgánicos no rural, “seguirá avanzando durante este ano 2019, ca implantación do “canal horeca” que permitirá unha mellor xestión do vidrio nos diferentes establecementos de hostelería e na implantación e separación da basura orgánica en orixen coa instalación dun novo contedor marrón ó fin de diferenciar e abaratar a xestión dos residuos orgánicos” segundo destaca o alcalde, Pablo Taboada. Asimismo, o Concello palense ten previsto ampliar o sistema de compostaxe e reciclado de aceites vexetales, así como, a xestión do punto limpio.
Tamén realizaranse melloras estéticas da situación dos contedores do lixo, comenzando nunha primeira fase polos situados no núcleo urbán, para continuar logo, coa segunda fase, polos ubicados nas zonas rurais do municipio.