- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI, ANTAS DE ULLA, MONTERROSO, TABOADA E PORTOMARÍN PROMOVEN CONXUNTAMENE COA XUNTA DE GALICIA UN OBRADOIRO DE EMPREGO
PALAS DE REI, ANTAS DE ULLA, MONTERROSO, TABOADA E PORTOMARÍN PROMOVEN CONXUNTAMENE COA XUNTA DE GALICIA UN OBRADOIRO DE EMPREGO
O pasado 31 de outubro deron comezo cinco novos obradoiros de emprego que agrupan a doce concellos da provincia de Lugo, unha iniciativa de formación laboral que permitirá contratar a 120 persoas, das que 100 son alumnos traballadores -20 en cada taller- e o resto persoal de dirección, administración e monitores.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración cos municipios implicados, achega para a posta en marcha destes cinco obradoiros máis de 1,4 millóns de euros, ademais de proporcionar os certificados oficiais correspondentes para cada unha das modalidades, unha vez superada a formación.
En concreto, os obradoiros postos en marcha son promovidos polos seguintes concellos:
• Vilalba, con Abadín
• Antas de Ulla, con Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín
• Baralla con Becerreá e As Nogais
• Lugo cidade
• Sarria
A principal novidade desta convocatoria é a posta en marcha dos obradoiros con carácter dual, que permiten que os participantes combinen o contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro durante nove meses coa posibilidade da contratación posterior nunha empresa de polo menos tres meses máis.
Nos cinco talleres que comezaron o pasado 31 de outubro, a Xunta concede incentivos para a contratación dun total de 29 alumnos e alumnas en empresas situadas no correspondente ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.
Diversas especialidades
Antas de Ulla promove xunto con Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín a quinta edición do taller Ulla Miño, que traballará en ‘Fábricas de albanelería’ e ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes’. Dentro dos proxectos que acometerán figura a restauración dunha edificación tradicional en Santa Mariña (Antas de Ulla) para adicala a local social; o acondicionamento da planta baixa do antigo centro de saúde de Monterroso para instalar oficinas municipais; a humanización do contorno da igrexa de San Nicolás en Portomarín ou a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol da Medela (Taboada). En Palas de Rei, actuarase na área recreativa dos Chacotes, entre outras accións previstas.