- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
II ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE PALAS DE REI AO CASTELO DE PAMBRE, O 25 DE NOVEMBRO.
II ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE PALAS DE REI AO CASTELO DE PAMBRE, O 25 DE NOVEMBRO.
Palas de Rei, 31.10.2018.- O Centro de Información a Muller (CIM) de Palas de Rei, ten programado para ao vindeiro sábado, 24 de novembro, a Segunda Andaina contra a violencia de xénero que se fai neste Concello.
Os/as participantes saíran as 11:00 horas díante do Concello de Palas de Rei, en Avenida de Compostela, nº28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan ata o Castelo de Pambre. A marcha solidaria pasa polos lugares de Carballal, Curbian, A Ulloa, Sambreixo ata chegar ao Castelo de Pambre.
Con esta acción reivindicativa, baixo o lema” Non máis violencia contra as mulleres”, a organización pretende denunciar a violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións e amosar a repulsa e rexeitamento contra esta lacra social que representa calquer tipo de violencia contra a muller na sociedade actual.
Dende o CIM de Palas, se anima a participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de vecinos/as, non so de Palas de Rei, senón que tamen doutros Concellos, a que unan nesta Andaina reivindicativa, o día 24 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas, a inscipción e gratuita. Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuito que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, esto é, diante do Concello de Palas de Rei.