- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A REXENERACIÓN E FORMIGONADO DE VIAIS MUNICIPAIS CENTRARÁN A ACTUACIÓN DAS NOVAS BRIGADAS DE OBRAS DO CONCELLO DE PALAS
A REXENERACIÓN E FORMIGONADO DE VIAIS MUNICIPAIS CENTRARÁN A ACTUACIÓN DAS NOVAS BRIGADAS DE OBRAS DO CONCELLO DE PALAS
O Concello de Palas executará directamente, con perto de 300.000 euros, a mellora e acondicionamento de varios viales municipais. As obras, consistirán principalmente en formigonados en varios núcleos como: Mosteiro, Ribado, Cabana, Avieira, Burdallos, Vilareda, San Martiño, Bistulfe, Felpos, Cuiña entre outros lugares. Tamén, se acometerán obras de rexeneración de vías en Carteire, Cebral e a Vacariza.
O Concello de Palas de Rei, ten previsto rematar, nos vindeiros días a contratación de varios peóns de obras, que executarán traballos durante os vindeiros meses. O Concello palense, dispón da maquinaria necesaria e suficiente para execución destes traballos e segundo resalta o alcalde, Pablo Taboada “ desta forma aparte duns aforros importantes, na execución das mesmas, xeramos emprego no noso Concello”. Os fondos destas actuacións proveñen do PoS, con cargo a Deputación Provincial e o Concello de Palas de Rei aporta 100.000 euros en total e o resto provén da remanente positivo de tesourería do ano 2017, é decir, fondos propios do Concello que tamén permitirá acometer a segunda fase e remate das obras en: Porto do Carro, Cubelo e Ferreira.
O alcalde, Pablo Taboada, resaltou que o “concello de Palas está dotado, nestes momentos, dun importante parque de maquinaria formado por: varios camións, cuba de riego, gravilladores, equipo de compatación e barrido, así como de, retroexcavadora, pala, desbrozadoras que lle permiten desenrolar diversos traballos e executar as obras”. Estas obras estarán dirixidas e supervisadas polo o Concelleiro de Infraestructuras, Amando Sande e o encargado de obras José Antonio Pérez. Neste senso, o alcalde “agradece a ámbos o traballo que veñen desenvolvendo na dirección das distintas brigadas e na correcta execución dos proxectos en combinación co traballo dos técnicos municipais”.