- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
MÁIS DE 40 OPERARIOS SERÁN CONTRATADOS EN VIRTUDE DOS PLANS DE EMPREGO IMPLEMENTADOS POLO CONCELLO DE PALAS PARA MELLORAR ATENCIÓN CIDADÁ E O COIDADO MEDIO AMBIENTAL MUNICIPAL
MÁIS DE 40 OPERARIOS SERÁN CONTRATADOS EN VIRTUDE DOS PLANS DE EMPREGO IMPLEMENTADOS POLO CONCELLO DE PALAS PARA MELLORAR ATENCIÓN CIDADÁ E O COIDADO MEDIO AMBIENTAL MUNICIPAL
O Concello de Palas de Rei impulsará por si solo e en colaboración con outras administracións, varios Plans de Emprego, que significarán a contratación de máis de 40 operarios durante o presente mes de xuño e a primeira quincena de xullo. A finalidade do Concello de Palas, coa implementación destes Plans de emprego, é doble; por un lado busca mellorar a atención cidadá e coidado do propio termo municipal e por outro busca xerar novas oportunidades laboráis. As tarefas as que se adicarán os contratados/as serán diversas, e redúndarán na mellora medio ambiental dos espazos públicos do termo municipal palense, os traballos consistirán:
- Desbroces de vías municipais
- Acondicionamento e mantemento de zonas verdes
- Rexeneración de vías municipais
- Xestións de Residuos
Ademais, procederase a contratación de dous socorristas para a piscina municipal na temporada de verán