- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O FOMENTO DO EMPREGO MEDIANTE O IMPULSO E EXECUCIÓN DE VARIOS PLANS DE OBRAS NOS NÚCLEOS RURAIS, PRIORITARIO PARA O CONCELLO DE PALAS DE REI
O FOMENTO DO EMPREGO MEDIANTE O IMPULSO E EXECUCIÓN DE VARIOS PLANS DE OBRAS NOS NÚCLEOS RURAIS, PRIORITARIO PARA O CONCELLO DE PALAS DE REI
O Concello de Palas de Rei promoverá un Plan de Emprego con varias actuacións orientadas a xeración de postos de traballo e a mellora nas condicións de vida dos veciños/as. O ente municipal, impulsará en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación Provincial de Lugo varios Plans, que redundarán na contratación de perto de 40 operarios, que desenvolverán as súas funcións e cometidos nas diferentes brigadas de obras e mantemento. Asimismo, O Concello de Palas de Rei, executará directamente, sen contratar con empresas externas, varios Plans de Obras, sobretodo no medio rural do municipio, que se traducirá, no acondicionamento de varios accesos a núcleos rurais. O Concello Palense, dispón de maquinaria suficiente e adaptada as necesidades de traballo, no seu parque mobil. Impulsará actuacións deste tipo para xerar emprego e o mesmo tempo, dotar de máis eficiencia as actuacións no medio rural. Como en anos anteriores, as diferentes brigadas de Obras, das que dispón o Concello Palense, xestionarán o acondicionamento e mellora de máis de 21 núcleos de poboación, e estarán dirixidas polo Concejal de Obras e Servicios, Amando Sande e o encargado, José Antonio Pérez López. O conxunto destas actuacións, significarán unha inversión de máis de 300.000 euros na xeración de emprego e na contratación de máis de 40 operarios de obras e servicios múltiples que se adicarán a estas tarefas.