- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI DÓTASE DUN DESFIBRILADOR MOVIL E EN BREVE CONTARÁ CUN NOVO VEHÍCULO ADAPTADO
A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI DÓTASE DUN DESFIBRILADOR MOVIL E EN BREVE CONTARÁ CUN NOVO VEHÍCULO ADAPTADO
O equipo de Protección Civil de Palas de Rei recibiu un novo desfibrilador móvil para equipar a Aprupación. Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade entregaron a 40 concellos da provincia lucense, entre eles, Palas de Rei e máis aos seis parques de bomberos da provincia, un total de 47 desfibriladores, co fin de que os habitantes da provincia de Lugo, poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia. Téntase, en definitiva, de reforzar a resposta máis efectiva ante posibles situación de risco.
O Concejal palense, Amando Sade, que acudiu ao acto de entrega, resalta a importancia deste desfibrilardor para a “Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei xa que supón dispoñer dunha valiosa ferramenta pola súa capacidade de resposta ante posibles emerxencias que se poidan rexistrar”.
Asimismo, a Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei recibirá en breve un vehículo adaptado que foi financiado por Abanca, JIM SPORTS e GDR.