- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI ACOLLEU UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS LÍNEAS DE AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA MELLORAR OS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS
PALAS DE REI ACOLLEU UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS LÍNEAS DE AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA MELLORAR OS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS
O Delegado da Xunta en Lugo, Jose Manuel Balseiro e o presidentes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, Cheché Real, acompañados polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, presentaron en Palas de Rei as lineas de axudas da Administración Galega para mellojar aloxamentos Turísticos, a xornada informativa tivo lugar en Palas de Rei o mércores, 14 de febreiro, no Centro Comarcal .
Turismo de Galicia realizou no pasado ano un investimento de máis de 700.000 euros para impulsar melloras no Camiño Francés e nos recursos turísticos da comarca da Ulloa.
O delegado territorial destacou a aposta do Goberno galego polo sector turístico, que se pon de manifesto nunha nova batería de convocatorias de axudas que publica Turismo de Galicia neste primeiro tramo do ano e que inclúen subvencións aos establecementos de aloxamento que queiran mellorar as súas instalacións.
O delegado invitou aos empresarios do sector a recabar nos servizos técnicos da Delegación Territorial asesoramento personalizado sobre a posibilidade de adherirse a algún destes programas se están interesados en realizar obras ou expandir e mellorar a súa oferta.
Neste sentido, lembrou que “todos sumamos para consolidar unha oferta turística diferenciada e de calidade”, e explicou que a Xunta colabora neste obxectivo cos axentes do sector e con outras administracións, ademais de desenvolver proxectos propios.
O delegado explicou que o Diario Oficial de Galicia irá dando conta de novo destas e outras convocatorias, ás que se suma a liña de axudas para a mellora de establecementos de aloxamento”. Os beneficiarios deste programa poderán obter ata o 35% do financiamento para realizar obras nas instalacións; o investimento neto admitido é de ata 100.000 euros, polo que o importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 35.000 euros.
Poden ser obxecto de subvención as actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas; obras dirixidas a obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística, ou a mellorar a clasificación do establecemento incrementando a categoría; mellora da climatización con medidas de aforro enerxético; renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno; e renovación dos equipamentos mobles.