- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI ACOLLERÁ O MÉRCORES UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA O SECTOR TURÍSTICO ORGANIZADA POLA XUNTA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE HOSTALERÍA
PALAS DE REI ACOLLERÁ O MÉRCORES UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA O SECTOR TURÍSTICO ORGANIZADA POLA XUNTA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE HOSTALERÍA
A Xunta e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) organizan unha xornada informativa en Palas de Rei co fin de achegar ao axentes do sector turístico detalles das distintas liñas de axuda ás que poden optar.
A charla desenvolverase o mércores 14 de febreiro a partir das 18.00 horas no Centro Comarcal da Ulloa, e o acceso ao recinto será aberto a todo aquel que poida estar interesado, en particular a titulares de establecementos turísticos, de hostalería e restauración: hoteis, hostais, bares ou albergues, entre outros.
Na xornada participarán o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da APEHL, Cheché Real, xunto con técnicos de Turismo de Galicia, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).
Entre as principais novidades destaca a liña de subvencións que Turismo de Galicia destina a establecementos turísticos de aloxamento, co fin de incentivar aos empresarios do sector para que melloren a imaxe, confort e equipamentos dos seus negocios. A contía da convocatoria é de 500.000 euros.