- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O IES DO CAMIÑO EN PALAS DE REI DISPORÁ DUNHA PISTA POLIDEPORTIVA CUBERTA
O IES DO CAMIÑO EN PALAS DE REI DISPORÁ DUNHA PISTA POLIDEPORTIVA CUBERTA
O Instituto de Palas de Rei: IES do Camiño, disporá dunha nova pista polideportiva cuberta. A Xunta de Galicia, tras diversas peticións realizadas tanto dende o Concello de Palas de Rei, como dende a Direción do IES do Camiño, ven de conceder unha axuda de perto de 20.000 euros para instalar unha cuberta na pista polideportiva do IES de Palas de Rei.
O rexedor palense, Pablo Taboada, resalta que “será a 3 pista polideportiva cuberta coa que se conta no Concello de Palas de Rei”. O alcalde, destaca a importancia desta nova infraestructura para “facilitar a práctica deportiva dos alumnos/as do IES de Palas de Rei que doderán disfrutar na épocas de peores condicións climatolóxicas desta instalación”.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, que se entrevistou cunha representación dos alumnos do Instituto de Secundaria, cos que, tras valorar as súas demandas, se comprometeu a conceder unha axuda de perto de 2.000 euros para apoialos na excursión de fin de curso que esta ano realizarán a cidade de O Porto.