- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS MANTERÁ CONXELADOS E SEN ALTERACIÓN OS IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA 2018
O CONCELLO DE PALAS MANTERÁ CONXELADOS E SEN ALTERACIÓN OS IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA 2018
O Concello de Palas de Rei, manterá conxelados e sen alteración a os impostos municipais. Segundo nos indica o rexidor palense, Pablo Taboada, o Concello de Palas de Rei conxelará o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Plusvalía (seguirá a 0), así mesmo tamén se manterán conxeladas a maioría das taxas municipais (Centro de Día, Axuda a Domicilio, etc.) exceptuando aquelas que teñan o índice corrector do IPC.
Desta maneira o Concello de Palas de Rei manterá unha das taxas de recollida de lixo mais económicas de toda Galicia e un IVTM dos mais baratos da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, tamén se manterán as taxas do Punto Limpo, da Piscina Municipal, das Escolas Deportivas, dos Obradoiros como o de teatro, das Actividades de Verán, etc.
Tamén o Imposto de Construción e Obras (ICIO) e así tamén se manterá inalterable os prezos de acceso ó Castelo de Pambre, obradoiros e cursos.
Dentro do IBI manterase a bonificación que afecta ao 95% das explotacións agropecuarias e así mesmo manterase as bonificacións e os incentivos fiscais para as empresas que se asentan no Concello de Palas de Rei e moi especialmente todas aquelas que se asentan no Parque Empresarial (futura ampliación). Estas bonificacións que poden chegar ao 95% en función do número de empregos creados permitirá ao Concello de Palas de Rei manterse dentro do grupo de concellos que mais incentiva o asentamento empresarial no seu solo.
O alcalde, Pablo Taboada, resalta que a boa situación económica e a rigorosa xestión realizados nos últimos anos permiten manter a maioría dos impostos e taxas municipais dentro dos máis baratos da comunidade autónoma como é o IVTM ou a Taxa de Recollida do Lixo, entre as mais baratas de toda Galicia.