- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN INICIOU OS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN NA IGREXA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE DONAS, EN PALAS DE REI
A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN INICIOU OS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN NA IGREXA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE DONAS, EN PALAS DE REI
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu comezo aos traballos de restauración na igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, en Palas de Rei.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se está ultimando a fase de toma de datos e redacción do proxecto para posteriormente iniciar a intervención, na que se invisten 150.282 euros.
O Diario Oficial de Galicia da conta hoxe da formalización do contrato, que se financia con fondos Feder, celebrada o pasado 17 de novembro. A empresa adxudicataria dedicou estas primeiras semanas a realizar os estudos previos e desenvolverá o groso da intervención no 2018. O prazo máximo de execución das obras é de 9 meses.
A actuación suporá a recuperación da pintura mural da ábsida e a aplicación de tratamentos biocidas nos paramentos interiores. Así, na ábsida procederase á restauración do conxunto mural policromado, exceptuando a zona restaurada da epístola.
En canto á intervención nos paramentos interiores, inclúe un estudo da colonización biolóxica, aplicando tratamentos biocidas por toda a superficie -nave, cruceiro e capelas ou absidiolos- que se amosan afectados.
O delegado territorial explicou que a Consellería acometeu nos últimos anos outras actuacións de rehabilitación no templo, como a primeira fase de recuperación das pinturas, rematada hai algo máis dun ano, e a restauración do retablo barroco realizada no 2013. “O seguimento e as intervencións en Vilar de Donas son unha proba da aposta da Xunta polo mantemento, conservación e posta en valor do patrimonio cultural da provincia”, afirmou Balseiro.