- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS DE REI ENTRE OS NOVE CONCELLOS LUCENSES BENEFICIADOS POLOS PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN FINANCIADOS POLA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA
PALAS DE REI ENTRE OS NOVE CONCELLOS LUCENSES BENEFICIADOS POLOS PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN FINANCIADOS POLA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA
A Secretaría Xeral da Igualdade financia con 57.300 euros os programas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar que poñen en marcha nove concellos da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a loita contra calquera forma de discriminación das mulleres é “unha das prioridades de investimento do Goberno galego” e explicou que son necesarios recursos de conciliación da vida laboral e privada e tamén fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes para facilitar “o acceso ao emprego e a promoción profesional en condicións de igualdade”.
Balseiro engadiu que a Secretaría Xeral da Igualdade, que depende da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, colabora estreitamente cos concellos para poñer a disposición da cidadanía servizos de proximidade que posibiliten medidas de conciliación.
Así, a través desta orde de axudas sufragáronse actividades de verán para nenos e nenas nos concellos de Mondoñedo, Ourol, Palas de Rei ou Taboada. Igualmente, fináncianse programas de conciliación en Guitiriz, Alfoz, Outerio de Rei, Xermade e Xove.
A Xunta estableceu anticipos de ata o 75 % das subvencións concedidas para que os concellos puideran organizar e desenvolver as actividades sen que supuxeran un esforzo extraordinario para a arcas locais.
Esta liña de axudas forma parte dun paquete de medidas de promoción da igualdade que inclúe tamén o financiamento de programas de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e o apoio aos centros de información ás mulleres (CIM), dotado en conxunto cun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros.
Ao respecto, cabe lembrar que na provincia de Lugo a Xunta destinou preto de 486.000 euros ao financiamento de once CIM que dan cobertura a 35 municipios.