- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI ACONDICIONARÁ UN ESPAZO PÚBLICO EN SAN BREIXO E EN SANTABALLA E AMPLIARÁ AS PLAZAS PÚBLICAS DE: MERLÁN, CARTEIRE E CABANA
O CONCELLO DE PALAS DE REI ACONDICIONARÁ UN ESPAZO PÚBLICO EN SAN BREIXO E EN SANTABALLA E AMPLIARÁ AS PLAZAS PÚBLICAS DE: MERLÁN, CARTEIRE E CABANA
O Concello de Palas de Rei, acondicionará un novo espacio público no lugar de San Breixo, a plaza ubicarase nas inmediacións da igrexa parroquial e servirá de espacio para lecer dos vecinos de San Breixo e de outros lugares, así como, das persoas que desfruten do Balneario e do Río Pambre e do recentemente remodelado Peto de Ánimas de San Breixo.
Asimismo, o Concello de Palas de Rei tamén ampliará as plazas públicas de Merlán, Carteire e Cabana, así como tamén, reparará o espazo público de Santaballa, estas obras significarán unha inversión de máis de 30.000 euros que serán financiados con cargo ao Plan de Obras e Servicios da Deputación Provincial de Lugo e a Consellería de Presidencia e o Propio Concello de Palas de Rei. Estas obras están en proceso de execución por parte da Brigada Municipal de Obras, estarán rematadas antes da vindeira primavera.