- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS MELLORARÁ OS ACCESOS AO CASTELO DE PAMBRE E RECONSTRUIRÁ UN MIRADOR PRÓXIMO AO MESMO
O CONCELLO DE PALAS MELLORARÁ OS ACCESOS AO CASTELO DE PAMBRE E RECONSTRUIRÁ UN MIRADOR PRÓXIMO AO MESMO
O Concello de Palas de Rei, mellorará, a vindeira semana, os accesos ao Castelo de Pambre, o que será a 3ªfase de acondicionamento do seu entorno, cunha inversión de perto de 35.000 euros, froito dun convenio coa Axencia Galega de turismo e o Concello de Palas de Rei. Asimismo, tamén se reconstruirá un mirador próximo ó Castelo, que da visión a unha zona de especial atractivo ambiental e paisaxístico. O mirador, da visibilidade a unha zona próxima ao río Pambre e nas inmediacións do Castelo e perto do lugar do Batán, donde se unen os ríos Ulla e Pambre.
As obras de Pavimentación, permitirán conectar a parroquía de Pambre co lugar da Torre e, asimismo, tamén se continuarán as pavimentacións e adoquinados dende o Castelo de Pambre a San Breixo. O alcalde Pablo Taboada, agarda, o ano que ven, rematar as obras de continuación aos traballos de pavimentación de San Breixo e o acceso ao Balneario, todas elas ao carón do río Ulla. A zona, conta cunha singular beleza e interese paisaxístico de gran nivel, así como, destaca polo seu atractivo turístico.
Os vindeiros días 21 e 22 de agosto o Castelo de Pambre permanecerá pechado ao público para efectuar as correspondentes tarefas de mantemento e limpeza da zona amurrallada.