- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
JIM SPORTS HABILITA UNHA NOVA NAVE EMPRESARIAL NO POLÍGONO DE PALAS DE REI
JIM SPORTS HABILITA UNHA NOVA NAVE EMPRESARIAL NO POLÍGONO DE PALAS DE REI
O grupo empresarial JIM SPORTS habilita unha nova nave no parque empresarial de Palas de Rei, para ampliar así a súa zona de almacenaxe de material deportivo e para a elaboración de bioparques.
As novas instalacións, que se porán en funcionamento de inmediato, contan cunha inversión cercana ao un millón de euros e servirán para a consolidación do Grupo Jim Sports en Palas de Rei. Actualmente, Jim Sports conta cunha plantilla de casi un centear de personas e cunhas novas instalacións, que ocupan unha superficie de 22.038 metros cadrados no polígono empresarial palense. O grupo Jim Sports, exporta a más de 30 paises e dispón dunha ducia de marcas propias, especializadas en diferentes deportes.
En días pasados, Jim Sports acaba de ser distinguida co premio que convocan a CEL e Abanca por a “súa aposta constante pola innovación e a calidade” e que ao seu juicio se converteu “nunha empresa punteira, capaz de facer chegar os seus artigos deportivos a multitude de países dende a provincia de Lugo”. Este galardón ten como obxetivo ”impulsar e dinamizar a cultura emprendedora e o texido empresarial na provincia de Lugo”.
No pasado mes de marzo, o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoó interesouse polos avances e os procesos de traballo deste empresa e visitou a súas instalacións acompañado polo responsable do Grupo JIM, Jesús Manuel Graña e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada.