- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
COMENZARON AS OBRAS DE MELLORA DO PECHE LATERAL DO PAVILLÓN DO POLIDEPORTIVO DO CEIP DE PALAS
COMENZARON AS OBRAS DE MELLORA DO PECHE LATERAL DO PAVILLÓN DO POLIDEPORTIVO DO CEIP DE PALAS
Comenzan as obras no Polideportivo do Ceip de Palas de Rei, as actuacións deron comenzo a semana pasada e consistirán no peche lateral do Pavillón Polideportivo que ten o Concello de Palas anexo ao edificio do Centro Educativo. As obras, están financiadas pola Consellería de Educación e según comunicou o rexedor, Pablo Taboada, comprenden todo o mes de agosto para estar listas nos inicios do próximo curso escolar. As actuacións que priorizarán os materiais prefabricados de formigón e a chapa micro perforada, significarán dar maior celeridade a execución dos traballos. O alcalde, Pablo Taboada, agradeceu a Consellería de Educación esta importante actuación cunha axuda de 47.000 euros dado que “esta medida permitirá ós alumnos do Centro disponer dun Polideportivo sen condicionantes meteorolóxicos nos meses máis invernais do ano e así mismo os veciños de Palas de Rei disporán dun segundo Pavillón Polideportivo cuberto fora do horario lectivo”, serán así dous polideportivos ó servizo dos veciños do municipio a partir de setembro.
Neste sentido, o alcalde de Palas enmarca esta actuación dentro do Plan de acondicionamento e mellora das instalacións deportivas do Concello, se a semana pasada foi a nova piscina, está toca no Polideportivo municipal do Ceip.


















