- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL VISITA AS ACTUACIÓNS FEITAS EN VIAIS DE PALAS DE REI AO ABEIRO DO PLAN CAMIÑA RURAL
A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL VISITA AS ACTUACIÓNS FEITAS EN VIAIS DE PALAS DE REI AO ABEIRO DO PLAN CAMIÑA RURAL
A Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou as actuacións feitas en Palas de Rei en virtude do Plan Camiña Rural que a súa consellería vén sacando todos os anos, cun orzamento aproximado de 19 a 20 millóns de euros e que van directamente para todos os Concellos de Galicia para reparar ou facer viais que dean servizo as aldeas ou a aquelas parcelas agrogandeiras ou forestais dos municipios. Palas de Rei dende o ano 2023 leva investido ao abeiro deste Plan de Camiños ao redor de 270.000 euros.
A Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, destacaba a importancia desta líña de axudas a que calificou de “esencial para mellorar os viais rurais”, así como, destacou “a importancia de manter as aldeas e núcleos de poboación protexidos neste tempo de seca e unha desas medidas pasa por ter limpo e libre de maleza as faixas secundarias”.
O alcalde, Pablo Taboada, referiuse ao Plan Camiña Rural como “piar básico e moi aproveitable para manter os servizos as nosas parroquias e aldeas, neste sentido, agradece a Consellería de Medio Rural a implicación para desenvolver este tipo de actuacións en Palas de Rei.”
















