- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS RECLAMA NOVAMENTE O ARRANXO DOS VIAIS AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA A-54
O CONCELLO DE PALAS RECLAMA NOVAMENTE O ARRANXO DOS VIAIS AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA A-54
O Concello de Palas de Rei reclama novamente o arranxo dos viais afectados pola construción da Autovía A-54, varios deles de titularidade municipal e outros da deputación de Lugo.
“Xa vai un ano desde a última reunión, donde houbo por parte do Ministerio un compromiso de arranxo e transcorridos 11 meses nada se soupo deses viais afectados que comunican varias parroquias e lugares do municipio, como: San Pedro de Meixide, Ulloa, Sambreixo, Vilar de Remonde o Mato” di o alcalde Pablo Taboada.
“Na última reunión celebrada na Subdelegación do Goberno en Lugo acordouse a reparación durante o ano 2025 destas vías afectadas e xa transcorreu boa parte do 2026 e nada sabemos” comenta o rexedor Pablo Taboada quen destaca que a comenzos de xuño remitiu un escrito solicitando o arranxo inmediato destes viais e unha reunión na pasada semana con Demarcacións de Carreteras do Estado.
Neste sentido, o rexedor de Palas non descarta emprender a reclamación xudicial oportuna destes danos que afectan a máis de 600 veciños/as das parroquias relacionadas.
.jpg)
















