- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PRESENTADO O PROXECTO DE AMPLIACIÓN E MELLORA DO PASEO FLUVIAL DO RÍO ROXÁN
PRESENTADO O PROXECTO DE AMPLIACIÓN E MELLORA DO PASEO FLUVIAL DO RÍO ROXÁN
O Concello de Palas de Rei rematou a presentación do Proxecto de “Ampliación e Mellora do Paseo Fluvial do Río Roxán” dentro da convocatoria do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) para proxectos medioambientais que contribúan a mellorar o reto demográfico.
A administración local presentou unha solicitude de 180.000 euros que sumados a aportación da corporación local pechan o cuadro de financiación da actuación.
O paseo do Río Roxán é unha das infraestruturas máis utilizadas polos veciños de Palas de Rei para realizar exercicio nun entorno próximo ó Río en plena natureza. Con esta actuación, aumentará as súas posibilidades xa que conectará a actual infraestrutura coa zona deportiva do Polígono Empresarial e coa futura piscina actualmente en obras.

















