- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS FESTEXARÁ O ENTROIDO, OS DÍAS 12 E 13 DE FEBREIRO, CON XOGOS INCHABLES, CHOCOLATADA E CONCURSO DE DISFRACES NO QUE O CONCELLO REPARTE MÁIS DE 1.000 EUROS EN PREMIOS
PALAS FESTEXARÁ O ENTROIDO, OS DÍAS 12 E 13 DE FEBREIRO, CON XOGOS INCHABLES, CHOCOLATADA E CONCURSO DE DISFRACES NO QUE O CONCELLO REPARTE MÁIS DE 1.000 EUROS EN PREMIOS
Palas de Rei festexará o entroido 2024, con actos programados na Praza do Concello para o luns, 12 de febreiro e martes, 13 de febreiro (festivo local).
O luns, 12 de febreiro, terá lugar o entroido infantil, dirixido aos nenos e nenas que queiran participar, con diversos xogos inchables e chocolatada popular.
O martes, 13 de febreiro, celebrarase o “Concurso de disfraces” no que o Concello de Palas de Rei reparte máis de 1.000 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata 5 persoas e categoría de Grupos), cada unha delas, reparte 3 premios e a maiores haberá un premio especial a orixinalidade no que compiten todas as categorías. Nas dependencias do Concello, no departamento de cultura, pódense inscribir os participantes no Concurso a partir do 1 de febreiro.