- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CENTRO DE DÍA DE PALAS CELEBRA O DÉCIMO QUINTO ANIVERSARIO
O CENTRO DE DÍA DE PALAS CELEBRA O DÉCIMO QUINTO ANIVERSARIO
O Centro de Día de Palas de Rei conmemora o décimo quinto aniversario da súa posta en funcionamento. Para elo, tiveron unha programación especial, na que os usuarios/as, acompañados de: membros das súas familas, persoal traballador no Centro; forzas e corpos de seguridade (como da Garda Civil e Protección Civil), persoal de Servizos Sociais e do CIM, así como, representantes municipais participaron na visualización da proxección dun video, elaborado polo propio persoal do Centro, ilustrativo dos diferentes tipos de profesionais que a diario desenvolven unha función no mesmo. Logo da entrega dun diploma persoalizado aos usuarios/as por parte das súas coidadoras; a profesora, Milagros Bordones, ofreceulles unha representación de danza contemporánea e a Coral Polifónica de Palas interpretou unha serie de pezas musicais.
O Centro de Día, posto en marcha dende a área de Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei coa finalidade de axudar ás persoas que pola súa condición vital así o precisan, tamén contribúe a conciliar a vida dos seus coidadores familiares. Dispón, na actualidade, de 22 prazas cubertas de usuarios/as, en réxime de 10:00 a 18:00 horas, que reciben un variado tipo de atención específica en función das súas necesidades. Dentro do seu conxunto de persoal, atopamos dende: coidadoras, persoal de cociña, auxiliares, animadoras socioculturais, asistenta social, persoal de fisioterapia, ata persoal de limpieza e de mantemento. Dispón dun servizo de desprazamento propio.
