- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS INICIA NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS
O CONCELLO DE PALAS INICIA NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS
O Concello de Palas de Rei, inicia unha nova campaña de recollida dos plásticos agrícolas polas parroquías do municipio palense e nas diferentes explotacións gandeiras. Dende o Concello, prégase a todos os usuarios deste servizo que dispoñan os plásticos en fardos e sen outro tipo de residuo engadido, o máis limpos posibles.
Aínda que os custes de reciclaxe deste residuo subiron considerablemente, dende o Concello manterase este servizo con carácter gratuito para todos gandeiros/as durante este ano 2023 pero pregamos encarecidamente, se cumpran as condicións de recollida marcadas. Convén destacar, que este servizo é único e exclusivo para os veciños/as do municipio palense, polo que se prohíbe completamente, aportar plásticos agrícolas de explotacións doutros Concellos, donde si están a cobrar por prestar este servizo.
O Concello de Palas de Rei agradece a colaboración de todos.