- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ALCALDES E PROTAVOCES DE OITO CONCELLOS E DA COMARCA RECLAMAN Ó GOBERNO CENTRAL QUE GARANTA AS CONDICIÓNS E FONDOS EUROPEOS PRECISOS PARA O PROXECTO DE ALTRI EN PALAS DE REI
ALCALDES E PROTAVOCES DE OITO CONCELLOS E DA COMARCA RECLAMAN Ó GOBERNO CENTRAL QUE GARANTA AS CONDICIÓNS E FONDOS EUROPEOS PRECISOS PARA O PROXECTO DE ALTRI EN PALAS DE REI
Alcaldes e portavoces de oito concellos e da Comarca reclaman ó Goberno central que garanta as condicións e fondos europeos precisos para o desenrolo do Proxecto da planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei. Así o acordaron, nunha xuntanza en Palas de Rei, na que tamén asistiron os senadores lucenses José Manuel Barreiro e Rosa Arza, entre outros.
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, destacou que este proxecto “é prioritario xa que é un clamor entre a poboación e provocou un interés extraordinario nos veciños da zona, dado que foron centos de persoas, xa non só de Palas de Rei, senón que tamén de concellos limítrofes como Antas de Ulla, Monterroso, Melide, etc as que manifestaron que ven un futuro para eles e as súas familias nesta iniciativa empresarial”.