- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS DE REI PROMOCIONA OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS EN FITUR POTENCIANDO O CAMIÑO E O PATRIMONIO ROMÁNICO
PALAS DE REI PROMOCIONA OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS EN FITUR POTENCIANDO O CAMIÑO E O PATRIMONIO ROMÁNICO
Palas de Rei acode a Fitur donde promociona os seus atractivos turísticos, dando a coñecer o municipio no resto do mundo e destacando as rutas (francesa e primitiva) do Camiño de Santiago, así como, potenciando o patrimonio románico como un reclamo para os visitantes, reflexado como estilo arquitectónico en numerosas igrexas, entre elas, a de Vilar de Donas. Neste senso, o alcalde de Palas, Pablo Taboada, participou na presentación da campaña de promoción turística da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, así como, asistiu a presentación da campaña “Lugo provincia románica”, da institución provincial, que contou coa participación do coñecido actor Chechu Salgado e na que se fai unha especial mención ó románico en Palas de Rei. “Dinamizar a actividade do turismo no rural, nun municipio cun gran valor paisaxístico, cultural e etnográfico, como é, Palas de Rei” é unha das finalidades polas que o rexedor palense, Pablo Taboada, está estos días en Fitur, donde xa ten axendadas unha serie de reunións con diversos turoperadores de diferentes países.