- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS DE REI DOTA A POLICIA LOCAL DUN NOVO VEHÍCULO IMPULSADO POLA XUNTA NO MARCO DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL
PALAS DE REI DOTA A POLICIA LOCAL DUN NOVO VEHÍCULO IMPULSADO POLA XUNTA NO MARCO DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL
A Policia Local de Palas de Rei conta cun novo vehículo alternativo, adquirido co sistema de renting impulsado pola Xunta de Galicia, no marco do Fondo de Compensación Ambiental, co obxectivo de favorecer un modelo de mobilidade e transporte sustentable no marco das liñas de apoio ás administración locais. A directora xeral de Administración Local, Natalia rieto, acompañada polo alcalde, Pablo Taboada e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias comprobaron este todoterreo adaptado como vehículo policial que tal é como destacaba a propia directora xeral de administración local, Natalia Prieto, “permitirá continuar co labor de apoio que vén desenvolvendo o corpo de seguridade local a prol da protección do medio natural, da atención á poboación máis vulnerable e a vixilancia e protección dos peregrinos que atravesan este concello na ruta xacobea”.Con elo, favorecese a renovación do parque móbil dos corpos de Policia Local cun equipamento máis sustentable.