- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
UNHA VEINTENA DE FAMILIAS DE PALAS DE REI, CON ESCASOS RECURSOS, SON BENEFICIADOS DA CAMPAÑA SOLIDARIA “OPERACIÓN QUILO” POSTA EN MARCHA DENDE SERVICIOS SOCIAIS MUNICIPAIS
UNHA VEINTENA DE FAMILIAS DE PALAS DE REI, CON ESCASOS RECURSOS, SON BENEFICIADOS DA CAMPAÑA SOLIDARIA “OPERACIÓN QUILO” POSTA EN MARCHA DENDE SERVICIOS SOCIAIS MUNICIPAIS
O Concello de Palas de Rei, a traverso do departamento de servicios sociais municipais está a facer o reparto de alimentos ás persoas máis necesitadas dentro da campaña de recollida de alimentos, denominada “Operación Quilo”.
Esta campaña, vai dirixida a persoas en risco de exclusión social; familias desfavorecidas, con escasos recursos económicos; familias con entre tres e cinco fillos ó cargo e cuns ingresos económicos que non sobrepasan os 500 euros mensuais na unidade familar.
O reparto, no que se xuntou unha importante cantidade de alimentos non perecedeiros, está a ser efectuado mediante persoal de protección civil de Palas de Rei, dende hoxe e antes do día de nadal, no respectivo domicilio familiar. Esta campaña, segundo estimacións de Servicios Sociais municipais, dá cobertura a unha veintena de familias, con escasos recursos, que se verán beneficiadas cun lote destes alimentos e productos non perecedeiros de diversa índole (leite, conservas, pasta, aceite, legumes, galletas, turrón,….).
Elo, foi posible grazas a colaboración desinteresada de centos de veciños/as de Palas de Rei que doaron voluntariamente os alimentos para a causa. Tamén colaboraron os supermercados: Dia, Eroski, Corviran, Merca Rural e a Igrexa de Palas de Rei na recollida de alimentos, dentro da campaña solidaria “Operación Quilo”. ¡A todos Gracias!