- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O ALCALDE DE PALAS RECLAMA AO GOBERNO CENTRAL OS FONDOS PARA REFORMAR O MOSTEIRO DE VILAR DE DONAS INCLUIDOS NO PLAN NACIONAL TURÍSTICO XACOBEO 21-22
O ALCALDE DE PALAS RECLAMA AO GOBERNO CENTRAL OS FONDOS PARA REFORMAR O MOSTEIRO DE VILAR DE DONAS INCLUIDOS NO PLAN NACIONAL TURÍSTICO XACOBEO 21-22
O alcalde de Palas de Rei, interésase ante o goberno central, polo estado dos fondos para reformar e recuperar o Mosteiro de Vilar de Donas incluido no “Plan Nacional Turístico Xacobeo 21-22”. Un proxecto xurdido para impulsar os Camiños de Santiago, como produto cultural e patrimonial no territorio nacional e co que se pretende revitalizar os Camiños de Santiago, dotado dunha partida orzamentaria de 121 millóns de euros, que se desenrola no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España, no exercicio de inversión pública e de reformas, dentro das cales se encontra o Mosteiro de Vilar de Donas, en Palas de Rei, cunha inversión prevista de 1.500.000 euros, según o anuncio feito pola titular do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, en Oviedo no verán de 2021.
O Concello de Palas asinou, en setembro do pasado ano, un convenio co Obispado de Lugo, en virtude do cal, supoñía a cesión gratuíta do inmoble, esto é o Mosteiro de Vilar de Donas propiedade da Igrexa, para a súa rehabilitación. Dito convenio de cesión, permite que o Concello de Palas de Rei que poida acometer a rehabilitación integral do mencionado inmoble, situado na parroquía de San Salvador de Vilar de Donas e que se encontra, actualmente, nun mal estado de conservación. O Concello de Palas de Rei, interesase ahora, despois de máis de nove meses transcorridos dende a firma do citado convenio co Obispado e sen actuacións por parte do Goberno Central, polo estado deses fondos anunciados dende o Ministerio.
O alcalde, Pablo Taboada, manifestaba que “intensificará as súas demandas para que se déa resposta ao anunciado pola Ministra dentro do “Plan Nacional Turístico Xacobeo 21-22”, así como, afirmaba que logo da firma co Obispado de Lugo do Convenio de Cesión e a posta a disposición para uso público deste inmoble deberían chegar agora os, tan demandados, fondos do Plan Nacional para acometer este tipo de actuacións nos vindeiros meses, toda vez, que o Concello de Palas deu cumprida resposta para posibilitar a consecución de ditas actuacións”.