- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ABANCA, AFUNDACIÓN E O CONCELLO DE PALAS ASINAN UN CONVENIO PARA AMOSAR A EXPOSICIÓN “EL CAMINO ILUSTRADO” AO CASTELO DE PAMBRE
ABANCA, AFUNDACIÓN E O CONCELLO DE PALAS ASINAN UN CONVENIO PARA AMOSAR A EXPOSICIÓN “EL CAMINO ILUSTRADO” AO CASTELO DE PAMBRE
A Fundación, Abanca e o Concello de Palas de Rei asinaron este pasado xoves un convenio de colaboración para amosar a exposición “El Camino ilustrado. Un viaje pintado por Alicia Aradilla” no Castelo de Pambre.
Ao acto de firma, acudiron os coordinadores institucionais de Abanca en Lugo e da Fundación en Lugo e Ourense, Óscar Rodríguez e Beatriz Fernández- Anguiano e o alcalde de Pala de Rei, Pablo Taboada.
Dita exposición, recolle 60 acuarelas realizadas pola ilustradora e autora de cuadernos de viaxe, Alicia Aradilla. Con tres sección fundamentais: “El Camino”; “Los caminantes” e “Compostela. La ciudad y su patrón” e textos explicativos do doutor en historia e experto medievalista Feliciano Novoa
A mostra, permanecerá aberta para a súa visita do 7 de setembro ata o 9 de outubro, na Sala de Exposicións do Castelo de Pambre en Palas de Rei, en horario de martes a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A exposición, complementarse ademais cunha sección dedicada ao movemento sketch urban(debuxo do entorno natural e cotia a través de ciudades, camiños e viaxe) e do que Alicia Aradilla é unha referente internacional.