- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS DE REI, TEN PRESENZA NA FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO (FITUR)
PALAS DE REI, TEN PRESENZA NA FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO (FITUR)
Os atractivos culturais, paisaxísticos, monumentais e históricos cos que conta o municipio de Palas de Rei están sendo promocionados estos días na Feira Internacional de Turismo(FITUR), que está tendo lugar en Madrid. O Concello palense, reparte 18.000 dípticos promocionales dos principais valores e recursos cos que conta o municipio e nos que se inclúen o Castelo de Pambre, a Igrexa de Vilar de Donas, As Torrentes de Mácara, entre outros. A súa vez, o alcalde, Pablo Taboada, o longo do día de hoxe, ten programada a presenza en diferentes actos e reunións, destacando a da “Rede de Destinos Turísticos Intelixentes”, as de “monumentos de España” donde se encadra a promoción do Castelo de Pambre e da Igrexa de Vilar de Donas, así como a de “destinos termais” e en dúas mesas de “turismo activo e de natureza” para promocionar as Torrentes de Mácara. Tamén alí no recinto Ifema de Madrid, o alcalde, Pablo Taboada estivo acompañado polo delegado territoral da Xunta en Lugo, Xavier Árias no acto de Presentación do Xacobeo 2022.