- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
CONXELACIÓN DAS TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA 2022 EN PALAS DE REI
CONXELACIÓN DAS TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA 2022 EN PALAS DE REI
O Concello de Palas de Rei, conxelará durante o ano 2022, os prezos da maioría de taxas e impostos municipais. Con esta medida, según informa o alcade, Pablo Taboada, “preténdese rebaixar a carga impositiva sobre ós veciños/as e paliar, dentro das posibilidades do Concello, a suba xeralizada de varios bens de primeira necesidade”. Esta medida fiscal, afectará fundamentalmente ó servizo de basuras, que manterá conxelada a súa taxa de recollida, manténdose entre as máis económicas da Comunidade e o imposto de tracción mecánica, donde tamén se conxelarán os prezos un ano máis e manteranse as bonificacións ós vehículos máis eficientes e menos contaminantes, así como, ós máis de 1.200 tractores agrícolas. Asimismo, conservará, durante o ano 2022 e 2023, a mesma taxa de terrazas e a taxa pola utilización do punto limpo. Con estas e outras medidas de carácter fiscal, se estima que signifiquen un aforro de maís de 270.000 euros para o conxunto dos veciños/as do municipio.