- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PRESENTADO “SON DE MULLER” NA CASA DE CULTURA DE PALAS DE REI
PRESENTADO “SON DE MULLER” NA CASA DE CULTURA DE PALAS DE REI
Ante a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, os integrantes do Centro de Información a Muller de Palas de Rei e a concelleira , Alba Villasante, presentaron o filme documental: “Son de Muller”, elaborado coa colaboración das agrupacións teatrais palenses e no que se afonda nese mundo onde a existencia e a esencia femenina, se viu e se ve cortada por actitudes de descualificación ou dominio por parte do home, así como, no inconcibible, nesa parte da razón que menos razoa, onde o sentido común esmorece. Roles e estereotipos, son postos ao descuberto nunha áxil perspectiva. Con elo, este filme pretende amosar respecto e transparencia á condición femenina e enxergar canles de superación das múltiples taras e desigualdades que subsisten, mesmo inconscientemente polo arraigo social e educativo que de longo tempo se presentan na sociedade. Actores e actrices representaron en vivo e directo, na Casa de Cultura de Palas de Rei, pequenos fragmentos dos nove capítulos que conforma o Filme, “ Son de Muller”, que en días previos foi emitido , a través, dos medios dixitais do Concello de Palas de Rei