- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O MELLOR QUEIXO DE VACA DE ESPAÑA 2021 ESTÁ EN POK QUESERA NA FACTORIA CASTILLO DE PAMBRE QUE O GRUPO GARCIA BAQUERO TEN NO POLÍGONO DE PALAS DE REI SEGÚN O MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN
O MELLOR QUEIXO DE VACA DE ESPAÑA 2021 ESTÁ EN POK QUESERA, NA FACTORIA CASTILLO DE PAMBRE QUE O GRUPO GARCIA BAQUERO TEN NO POLÍGONO DE PALAS DE REI SEGÚN O MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) acaba de conceder os premios “Alimentos de España; Mellores Queixos, ano 2021”, donde dentro das cinco modalidades convocadas (vaca, ovella, cabra, mezcla e queixo azul) a queixería de Palas de Rei, Pok Quesera, impúxose, na categoría de queixo maduro de vaca, co seu producto elaborado na factoría Castillo de Pambre, asentada no Polígono Empresarial de Palas de Rei e pertencente o Grupo Empresarial García Baquero. A factoría Castillo de Pambre, ten unhas modernas e innovadoras instalacións que ocupan unha parcela de máis de 6.000 metros cadrados cunha nave industrial de máis de 2.000 metros cadrados. O Grupo Manchego, que emplea a máis de 20 persoas no parque empresarial palense dende donde fabrica queixo Arzúa-Ulloa e o exporta a multitude de países coa súa marca Castillo de Pambre.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada amosa a satisfación por este recoñecemento acadado en Palas de Rei pola queixeria; Pok Quesera e traslada as súas felicitacións ao Grupo García Baquero, polos seus sobresaíntes resultados, a vez que, agradece a empresa Castellano Manchega que se asentase en Palas de Rei, contribuíndo a dinamización económica do municipio, o cal, resaltou como un feito histórico para Palas de Rei.
“Resulta altamente satisfactorio ver como o resultado do traballo e esforzó feito en Palas de Rei por empresas e profesionais acada diferentes recoñecementos desta envergadura, no eido nacional” manifestaba o alcalde palense Pablo Taboada. Compre sinalar que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xa se fixou nos productos de Palas de Rei noutras edicións a hora de outorgar os premios, como por exemplo en 2013, cando concedeu o premio alimentos de España á Restauración a Parada das Bestas polo fomento de productos ecolóxicos e a difusión do coñecemento do patrimonio cultural e gastronómico da zona.