- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
INICIADAS AS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ALBERGUE PÚBLICO DE PEREGRINOS DE PALAS DE REI DA AVENIDA DE COMPOSTELA
INICIADAS AS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ALBERGUE PÚBLICO DE PEREGRINOS DE PALAS DE REI DA AVENIDA DE COMPOSTELA
A Xunta de Galicia comenzou, a semana pasada, a obra para executar a remodelación do albergue público de peregrinos de Palas de Rei, situado na Avenida de Compostela. Os traballos, teñen como principal finalidade mellorar a eficiencia enerxética destas instalacións. A actuación, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia (organismo dependente de Vicepresidencia Primeira e da ConsellerÃa de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia) conta cun orzamento total de 410.842 euros. Con estas obras, preténdese acadar unha maior sostibilidade do edificio dende o punto de vista enerxético e medioambiental, a vez que se tratarán de buscar un maior confort dos peregrÃns que se aloxen no mesmo. Trátase dunhas instalacións moi demandas polos centos de camiñantes que chegan ao casco urbano da localidade facendo a ruta francesa de peregrÃnaxe. Os traballos foron adxudicados a empresa Orega Construccións que a partir de agora contará con 5 meses de prazo para finalizar a actuación.