- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO SUSPENDE A MAIORIA DOS ACTOS FESTIVOS PREVISTOS PARA ÁS FESTAS PATRONAIS DO ECCE HOMO EN PALAS DE REI NESTE 2021, POLA EVOLUCIÓN DOS DATOS DO COVID-19
O CONCELLO SUSPENDE A MAIORIA DOS ACTOS FESTIVOS PREVISTOS PARA ÁS FESTAS PATRONAIS DO ECCE HOMO EN PALAS DE REI NESTE 2021, POLA EVOLUCIÓN DOS DATOS DO COVID-19
Debido a evolución dos datos do epidemiolóxicos, derivados do Covid-19, nos últimos días no municipio de Palas de Rei, que fan que o Concello de Palas de Rei entre a partir das 00,00 horas deste sábado, 4 de setembro, en nivel de restricións alta fronte o coronavirus, o Concello de Palas de Rei suspende a maioria dos actos festivos (programados nun principio) e correspondentes ás festas patronais do 14 de setembro, na honra ó Ecce Homo na localidade. O Goberno local palense, adopta esta decisión, vista a evolución dos datos do Covid 19 no municipio, e en virtude, de preservar e dar prioridade á situación sanitaria e a saúde pública en xeral, como fin primordial.