- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA VISITA AS INSTALACIÓNS DA RESIDENCIA DE MAIORES DE PALAS DE REI
A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA VISITA AS INSTALACIÓNS DA RESIDENCIA DE MAIORES DE PALAS DE REI
A conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García visitou, en días pasados, a Residencia de Maiores en Palas de Rei e na que a Xunta de Galicia ven de facer unha contratación de 20 prazas de carácter público.
A Residencia de persoas maiores en Palas de Rei, promovida por “Residencia Palas de Rei S.L.”, comenzou o seu funcionamento en marzo deste ano 2021, cunha capacidade de 46 internos das que, a día de hoxe, máis da metade están ocupadas. Logo dunha inversión de 1.250.000 euros, dos que contaron con 200.000 euros de axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Miño-Ulla e a declaración por parte do Concello de Palas de Rei, como “Proxecto de Especial Interese”, ten abertas a súas portas como primeiro centro residencial destas características na Comarca da Ulloa, cunhas modernas instalacións, totalmente equipadas e adaptadas ás necesidades dos usuarios. Xunto as variadas habitacións coas que conta esta Residencia, tamén, dispón de espazos comúns, como: comedor, cociña e varias salas multiusos. Dispón, ademais, dun servizo de enfermería, fisioterapia e terapia ocupacional. Instalacións estas, visitadas pola Conselleira de Política Social, Fabiola García en compaña do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e do delegado territoral da Xunta en Lugo, Xavier Arias donde, tamén, intercambiaron impresións tanto cos internos como co seu equipo de atención.
A súa vez, o rexedor palense, Pablo Taboada, aproveitou a visita da Conselleira de Política Social a Palas para amosar o traballo que se está a desenvolver dende as diferentes áreas de servizos sociais municipais.