- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O BOP FAI PÚBLICA A CESIÓN DUN EDIFICIO DO CONCELLO A SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. PARA PRESTAR O SERVIZO POSTAL UNIVERSAL
O BOP FAI PÚBLICA A CESIÓN DUN EDIFICIO DO CONCELLO A SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. PARA PRESTAR O SERVIZO POSTAL UNIVERSAL
O BoletÃn Oficial da Provincia, ven de publicar a mutación demanial entre Administracións con cambio de fin, a favor da Sociedad Estatal de Correos e Telégrafos S.A. Sociedad Mercantil Estatal para establecer unha nova Oficina de Correos en Palas de Rei. En virtude delo, o Concello de Palas de Rei na sesión plenaria do pasado dÃa, 12 de xullo, aprobaba, por unanimidade da corporación, a cesión deste edificio situado no casco urbano, fronte a estrada autonómica LU-231 (na Avenida de Ourense). O cambio de fin do referido inmoble, corresponderá coas prestacións corespondentes ao Servizo Postal Universal: actividades de recollida, admisión, clasificación, transporte, distribución e entrega de envÃos postais nacionais e transfronteirizos en rexime ordinario de cartas, tarxetas postais, paquetes postais, envios nacionais e trasfonteirizos.
As persoas interesadas teñen ahora o prazo dun mes, dende o 26 de xullo de 2021 (data de publicación no BOP Lugo) para consultalo expediente e presentar as correspondentes alegacións ou reclamacións a este acordo adoptado, dispoñible a través da sede electrónica do Concello de Palas (http://palasderei.sedelectronica.es).