- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ÉXITO TOTAL DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA " NO CEIP DE PALAS DE REI
ÉXITO TOTAL DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA" NO CEIP DE PALAS DE REI
A banda musical “Uxía Lambona e a Banda Molona” acabou revolucionando a comunidade educativa do Ceip de Palas de Rei. Alumnos, profesores, persoal directivo,… bailaron e desfrutaron do concerto que a cantante Uxía e a súa Banda, interpretaron no patio do Colexio; e que indica o remate da actividade docente, logo dun curso académico, atípico, marcado polas restrincións fronte o Covid-19. Tal como se agardaba, Uxía cos seus dinámicos temas musicais, nos que facia unha mestura do rok coa música galega, non deixou inmóbil a ningunha persoa no patio, causando o éxito total entre os presentes. Ata o alcalde, Pablo Taboada comprobou in situ a iniciativa. O Concello de Palas, financiou esta actividade coa colaboración do Ceip.