- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
A UNIDADE MÓBIL DA GARDA CIVIL PROTEXE ESTOS DÍAS O CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE PALAS DE REI
A UNIDADE MÓBIL DA GARDA CIVIL PROTEXE ESTOS DÍAS O CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE PALAS DE REI
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, recibe a oficina móbil da Garda Civil encargada de atender no Camiño de Santiago a seguridade dos peregrinos. A unidade móbil da Garda Civil, instalou a furgoneta itinerante, anunciada por unha gran banderola, no lugar dos Chacotes, en pleno Camiño Francés, nos accesos ao casco urbano de Palas de Rei, como un dos puntos estratéxicos de atención, dende onde os axentes faran un reforzo especial á seguridade cidadá e atención ao camiñante. Unha iniciativa itinerante, que comenzou funcionar sobre mediados do mes de maio e estará en operativa durante todo este verán como reforzó especial da seguridade no Camiño. O alcalde palense, Pablo Taboada, aproveitou para brindarlles aos axentes a colaboración necesaria “en materia de seguridade e atención no camiño tanto da Agrupación de Protección Civil como da Policia Local, no ámbito das súas competencias”