- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
JOSÉ LATORRE GONZÁLEZ XUBÍLASE EN PALAS LOGO DE CORENTA E UN ANOS DE EXERCICIO DA MEDICINA
JOSÉ LATORRE GONZÁLEZ XUBÍLASE EN PALAS LOGO DE CORENTA E UN ANOS DE EXERCICIO DA MEDICINA
Os /as compañeiros/as das distintas áreas de traballo do Pac de Palas de Rei rendíronlle un recoñecido homenaxe ao médico de atención primaria e Xefe do Servizo da Área Sanitaria da Ulloa, José Latorre González, coincidindo no día no que, logo de corenta e un anos de profesión, dos que, trinta e un estivo no Centro de Saúde de Palas de Rei, deixa de exercer por motivos de xubilación. Aínda que di que “segues sendo médico ata que te morres”, apesares de se xubilar e non consultar, emocionado, manifesta que o seu teléfono “estará a disposición dos seus pacientes para darlles os consellos que poida”. Aínda que José Latorre naceu en Monforte, considera a Palas como a súa casa, recoñece que as persoas de Palas de Rei “se portaron moi ben con el”.
Dende que Latorre comenzou en Palas de Rei ata a actualidade, o sistema sanitario mudou significativamente, en consecuencia o sistemas de traballo melloraron, o que redundou nunha maior calidade asistencial. Durante todos estos anos, “a colaboración entre os compañeiros tanto de Antas, de Monterroso, como de Palas foi total, o que nos permitiu ser un equipo aberto” manifesta José Latorre. A día de hoxe, Palas de Rei acadou converterse na sede das emerxecias sanitarias, elo redunda, nunha resposta máis rápida e permanente, durante as 24 horas, en canto a posibles emerxencias que se presenten. Dende hai un ano, o Pac de Palas de Rei implementa, o proxecto de “hospitalización a domicilio” en colaboración co Hula, cun equipo humano propio e para todos os pacientes da Ulloa que presentan criterios de hospitalización e así o requiren, elo está a permitir, facer un seguimento domiciliario específico para cada paciente. Destaca ademais, estes duros meses de pandemia, nos que “o coronavirus puxo a humanidade contra as cordas e nos deixou entrever que os humanos somos unha especie moi vulnerable” analiza Latorre, confiado en que “conforme avance o proceso de vacinación baixe tamén tansmisibilidade do virus”.
Pola súa parte o alcalde, Pablo Taboada, transmite o “profundo agradecemento do Concello de Palas de Rei a todos os profesionais sanitarios do Centro de Saúde e Pac de Palas de Rei pola encomiable labor desenrolada durante toda a pandemia do covid -19 e un especial e afectuoso agradecemento aos dous últimos profesionais que acaban de deixar de prestar servizo neste Centro nos últimos meses por motivos de xubilación: a enfermeira Dona Eduvigues Soriano Villalba e médico Don Jose Latorre Gonzalez”