- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS TRABALLA PARA ACADAR FONDOS EUROPEOS DO NEXT GENERATION
PALAS TRABALLA PARA ACADAR FONDOS EUROPEOS DO NEXT GENERATION
Palas traballa para acadar fondos Europeos: os coñecidos como “next generation”. Neste senso, o alcalde palense, Pablo Taboada ven de manter, sendas reunións en Madrid con consultores esecializados neste tipo de Axudas, para ofertar terreos e vantaxas fiscais e de servizos do Concello palense. Nestes intres, especialmente importantes, donde se están a ultimar os proxectos que optarán a estes Fondos Europeos, o alcalde quere aproveitar esta ocasión para “implantar algúnha industria importante no noso Concello, que xere novos postos de traballo, que sea sostible e que valorice os nosos recursos“ matizou Pablo Taboada que non desvelou máis detalles sobre as reunións mantidas ata o momento pero engadiu que “pelexaremos porque Palas poida acoller algún proxecto de envergadura, xa o fixemos no seu momento, coas empresas asentadas ata o de agora e volverémolo a intentar, tentaremos de amosar os nosos atractivos para que algunha empresa nova se instale aquí ou algunha das que están amplíen as súa actividade” según a valoración do rexedor palense “estes Fondos son muy necesarios para implantar novos proxectos e sería importantísimo que algún desles se instalen no medio rural galego”.